Proxecto 1

Reflexión grupal:
 O primeiro que fixemos foi buscar un curso e unha materia: As matemáticas en 4º de primaria
Así, despois poderiamos escoller un contenido do currículo: A Geometría, aunque debido a súa gran extensión decidimos centramos nas principais figuras planas.
Unha vez elixido o contido, reunimonos para decidir cal sería o diseño da actividade e como planteala para que fose lúdica pero a súa vez entretida.
O principal problema co que nos atopamos, foi que ao non ter base de francés, a hora de traducir toda a información recollida tivemos algunhas dificultades xa que os traductores no son a mellor alternativa.
Tamén recoñecemos que houbo unha considerable falta de coordinación e organización que se plasmou na exposición e que debemos ter en conta. Tamén ala hora de escoller a mellor aplicación coa que realizar a actividade, ao ter tanta variedade, costounos decantarnos por unha en concreto.
En canto as competencias, as que máis traballamos, consideramos que son a competencia en lingua estranxeira, Francés; competencia matemática, polo contido escollido; e o traballo en equipo.
Visión xeral, todos os membros do grupo opinamos que é un proxecto moi interesante xa que ao tratarse dunha actividade innovadora que se afasta do tradicional libro de texto é moito máis atractivo para o alumno polo que mostraranse moito máis predispostos para que se desenvolva o aprendizaxe que se tenta buscar.
Pola parte do grupo de traballo, somos conscientes de que non nos organizamos da mellor maneira posible xa que houbo unha evidente falta de comunicación. A pesar de estos problemas logramos sair do apuro e aínda que o resultado non fora o esperado, serviunos de lección para mellorar e seguir unhas pautas distintas no siguiente proxecto.

Comentarios