Proxecto 2
Bonjour 😁😁
Je m'apelle Carla.
Son estudiante da UVigo, Campus de Pontevedra de terceiro de E.D Primaria. Querovos presentar o segundo proxecto realizado nas clases de lingua francesa. O meu grupo está formado por Judith Freire, Yolanda Muiños, Andrea Vidal e Raquel Blanco.
Esta é a reflexión do meu grupo, chamado "Les étres vivants"
- Comment vous-êtres vous organisé(e)s pour réaliser ce projet?
En primeiro lugar, xuntámonos en grupo dentro da clase para debater como queríamos enfocar o traballo e despóis quedamos fora en repetidas ocasións, para desenvolvelo mellor e conseguir os resultados que nos propuxeramos. Tamén empregamos plataformas dixitais coma google drive para comunicarnos en línea e poder seguir trababallando en equipo aínda que non puideramos asistir a facultade.
- Avez-vous éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Tivemos dificultades para traducir, xa que a noso coñecemento sobre a lingua francesa é básica e os tradutores non son fiables ao cen por cen. A hora de comprender a propia dinámica e o funcionamento do traballo, resultounos complicado saber que era exactamente o que este proxecto requiría. Unha vez resoltas as dúbidas sobre cal era o camiño a seguir neste, plantexaronsenos novas dúbidas pero grazas a organización do grupo soubemos solventar.
- Qu’est-ce que vous avez appris avec ce projet en termes de compétences?
Seguimos perfeccionando a escritura en lenguas extranjeras, así como a pronunciación. También en ciencias naturaleza, xa que o contido elixido trata sobre os seres vivos e aínda que é un tema que levamos toda a vida escoitando matizamos e perfeccionamos certos conceptos xa olvidados. Tamén profundizamos no manexo de novas tecnologías e aplicaciones, xa que para este proxecto traballamos con aplicacións coma google drive, chatterprix ou popplet.
- Quel est votre avis général sur le projet?
Pareceunos máis dinámico e entretido porque temos que simular actividades que poden servirnos de exemplo para o noso futuro nunha aula. A forma na que se plantexa o proxecto, permítenos coñecer as pautas a seguir para que os exercicios propostos cheguen aos nosos alumnos e os poidan entender dunha forma sinxela e máis amena. Sempre temos que ter en conta que a ensinanza dunha lingua e unha tarefa complexa e debemos ofrecerlle aos alumnos todas as facilidades que esten nas nosas mans, polo que cremos que esta maneira de formular a aprendizaxe cumpre con este propósito.
- Quel est votre avis général sur le groupe de travail?
Traballamos ben en equipo, xa que houbo boa organización desde o comezo. Todas cooperamos e aportamos as nosas ideas para que este traballo levarase a cabo. Cremos que logramos entendernos desde o principio e grazas a iso puidemos traballar dunha forma na que todos os membros estiveran cómodos e se respirase un bo ambente de traballo, que creemos que é básico para que os obxectivos se cumpriran.
Comentarios
Publicar un comentario